Lugo XA

«O trato personalizado e a busca da excelencia son o noso sinal de identidade»

Julio Alberto Mosquera Otero, nado en Santiago e avogado en exercicio dende hai máis de 15 anos, é o Administrador Único da Clínica Dental Mosquera Otero S.L. de Lugo

Caries dental

Cando e como poñen en marcha o negocio?

A clínica créaa o meu irmán, o doutor Esteban Mosquera Otero, no ano 2019. Tras rematar os estudos de Odontoloxía, complementa a súa formación cunha serie de cursos de posgrado e seminarios de distintas especialidades; e tamén co

Mestrado de Cirurxía, Implantoloxía e Periodoncia. Despois, traballa en Madrid, onde se forma ademais como experto en Peritacións en Odontoloxía Legal e Forense. Á súa volta a Galicia, establécese en Lugo, incorporando a súa consulta a unha policlínica, e pasados uns anos, apoiándose nun proxecto para emprendedores da Xunta de Galicia, financiado pola Comunidade Europea, monta a súa propia clínica no barrio da Milagrosa, onde vivía. En pouco tempo consegue facerse un oco na vida dos lucenses ata que, por desgraza, falece no ano 2023 a raíz dunha enfermidade, mantendo o contacto coa súa clínica ata o último día da súa vida. Ante esta adversidade, a familia sente a necesidade de continuar co seu legado, coa intención de devolver á xente do barrio o agradecemento pola acollida dispensada e co obxectivo de desenvolver no seu nome algunha das iniciativas de tipo social que el sempre tivo en mente. Para iso, no núcleo familiar constituímos unha sociedade e incorporamos novo persoal, que foi mudando, para xunto co que el xa tiña, manter a clínica activa.

 

Caries dental

Que servizos ofrecen aos clientes?

Prestamos todo tipo de servizos odontolóxicos. Entre eles atópase a Odontoloxía preventiva e restauradora, Periodoncia, Branqueamento, Estética dental, Odontopediatría, Cirurxía, Implantoloxía, Próteses dentais e ortodoncia. E tamén tratamentos con ácido ialurónico aplicado a odontoloxía.

 

ChatGPT Image 12 feb 2026 10 36 58
ChatGPT Image 12 feb 2026 10 37 12
ChatGPT Image 11 feb 2026 14 32 07
ChatGPT Image 11 feb 2026 14 32 51
ChatGPT Image 11 feb 2026 14 32 55
ChatGPT Image 11 feb 2026 14 33 50

 

A parte de vostede, con que profesionais contan?

Contamos cunha directora médica, a Dra. Noelia Fernández Agudo, con ampla experiencia en Odontoloxía xeral; unha coordinadora de clínica e hixienista dental, Carmen Varela Rodríguez; unha auxiliar dental, graduada en comunicación, que leva a relación cos pacientes, Estíbaliz González López; e tres colaboradores externos: un cirurxián e implantólogo, o Dr. Ignacio Castro Alonso; unha especialista en próteses sobre implantes, a Dra. Natividad Mejuto Amboage; e unha ortodoncista, a Dra. Marta Malde Abril.

 

Que destacarían do trato cos clientes?

Carmen, a hixienista e coordinadora clínica, que traballou co Dr. Esteban dende un principio, foi testemuña de como trataba os seus pacientes, a quen el sentía como se fosen da súa familia máis próxima. E, por sorte, o equipo co que hoxe contamos actúa do mesmo xeito.

Para nós non existen clientes, son pacientes que se nos achegan para facernos partícipes dalgunha doenza, problema ou inquedanza, e os nosos profesionais van facer todo o que estea nas súas mans para darlles unha resposta axeitada, clara e concisa; dispensándolles o tratamento menos agresivo, ao mellor prezo posible e axustado ás posibilidades de cada quen.

Razón pola que, na súa grande maioría, a relación acaba sendo de amizade.

 

Agradecementos

Queremos agradecer a todos os que nos acompañaron nesta dura travesía, tanto durante a convalecencia do doutor Esteban como despois do seu falecemento; co recoñecemento expreso para o doutor Ramón Soilán, persoa que engrandece a profesión e a quen lle estaremos eternamente agradecidos; e á doutora Eva Díaz López, excelente profesional e mellor persoa, quen tamén nos foi de grande axuda.

Ir a Arriba